Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Consultas

Tema: Ingreso Mínimo Vital

  • Ingreso Mínimo Vital

    • 1. Que información e servizos están dispoñibles sobre o ingreso mínimo vital?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Ademais da información recollida neste apartado de consultas, que responde ás preguntas máis frecuentes sobre o ingreso mínimo vital, están dispoñibles outros servizos:

      • Neste acceso encontrará un resumo dos aspectos máis importantes da regulación legal do ingreso mínimo vital.
      • Ten á súa disposición un Simulador do ingreso mínimo vital co que poderá comprobar se cumpre os requisitos para recibir a prestación do Ingreso Mínimo Vital e coñecer o importe aproximado que lle podería corresponder.
      • Para solicitar o ingreso mínimo vital acceda ao Servizo Ingreso Mínimo Vital na nosa sede electrónica.
      • Dispón dun teléfono de información sobre ingreso mínimo vital: 900 20 22 22.
      Accións dispoñibles
    • 2. Teño que acudir a unha oficina para solicitar o ingreso mínimo vital?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Non é necesario acudir a unha oficina da Seguridade Social (CAISS) para solicitar o ingreso mínimo vital.

      Pola saúde e seguridade de todos pregámoslle evite riscos e solicite cita para ser atendido presencialmente só se é imprescindible.

      Por iso é moi recomendable utilizar os servizos web do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) na Sede electrónica da Seguridade Social, onde os cidadáns, cun teléfono móbil, unha tablet ou dende un ordenador, poden presentar a súa solicitude de forma segura calquera día da semana e a calquera hora, sen necesidade de certificado electrónico ou Cl@ve, nin realizar desprazamentos


      Accións dispoñibles
    • 3. Como podo presentar a miña solicitude por internet?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Para presentar a súa solicitude por Internet ten dúas posibilidades:

      Ofréceselle un formulario no que terá que incluír a súa información e a das persoas que, se é o caso, formen parte da súa unidade de convivencia. Terá que achegar unha imaxe do seu documento de identidade e dos documentos necesarios para resolver a súa solicitude.

      • Se ten certificado electrónico ou contrasinal cl@ve recomendámoslle que utilice o  Servizo Ingreso Mínimo Vital con certificado ou contrasinal. Accederá a un formulario en PDF no que incluír a información necesaria e, como no caso anterior, terá que achegar unha imaxe do seu documento de identidade e dos documentos necesarios para resolver a súa solicitude. Pode utilizar este servizo a través doutra persoa que dispoña de certificado electrónico ou contrasinal cl@ve, que actuará como o seu representante para este trámite.


      Accións dispoñibles
    • 4. En que prazo se resolverá a miña solicitude de ingreso mínimo vital?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      O prazo máximo para resolver a súa solicitude é de seis meses dende a data de presentación.

      Transcorrido o devandito prazo sen que se producise resolución expresa, entenderase denegada a solicitude por silencio administrativo. Non obstante o Instituto Nacional da Seguridade Social resolverá expresamente as solicitudes presentadas, mesmo se tivesen transcorrido máis de seis meses dende a súa presentación. As solicitudes presentadas ata o 31 de decembro de 2020, se son aprobadas, manteñen efectos económicos do 1 de xuño de 2020.

      Unha vez recibida a solicitude da prestación, o órgano competente, con carácter previo á admisión desta, procederá a comprobar se os beneficiarios que vivan sós ou formando parte dunha unidade de convivencia, en función dos datos declarados na solicitude presentada, cumpren o requisito de vulnerabilidade económica. A resolución de inadmisión ditarase no prazo de 30 días, e poderá ser obxecto de reclamación administrativa previa que se limitará a coñecer sobre a causa de inadmisión. A admisión da solicitude non obstará á súa desestimación se, durante a instrución do procedemento, a entidade xestora efectuase novas comprobacións que determinasen o incumprimento do requisito de vulnerabilidade económica.


      Accións dispoñibles
    • 5. Que pasa se esquecín enviar coa miña solicitude algún documento necesario?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Dende o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) poñerémonos en contacto con vostede para indicarlle a documentación necesaria para resolver a súa solicitude e darlle un prazo para presentala.

      Para axilizar as xestións é moi importante que nos indique na súa solicitude un número de teléfono ou enderezo de correo electrónico para poder comunicarnos con vostede, ademais do enderezo do seu domicilio habitual.


      Accións dispoñibles
    • 6. Se teño algunha dúbida, como podo informarme?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Neste apartado da web dispón de información útil sobre o ingreso mínimo vital.

      Ademais, na propia web da Seguridade Social ten un apartado específico con información completa sobre o ingreso mínimo vital.

      Pode utilizar tamén o Simulador do IMV para comprobar se, coa información que nos achegue, podería ter dereito á prestación e o importe que lle correspondería, se é o caso. Teña en conta que este simulador se pon á súa disposición cunha finalidade meramente informativa e sen que poida crear dereitos ou expectativas de dereitos. Para solicitar a prestación deberá formular a súa solicitude a través dos nosos servizos electrónicos, con ou sen certificado dixital ou Cl@ve.


      Accións dispoñibles
    • 7. Que é unha unidade de convivencia?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      A unidade de convivencia está formada por todas as persoas que vivan no mesmo domicilio, unidas por vínculo matrimonial, como parella de feito, ou por vínculo  ata o segundo grao por consanguinidade  afinidade ou adopción ou outras persoas coas que conviva en virtude de garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.

      Poderán ser beneficiarias da prestación as persoas que, sen integrarse na unidade de convivencia ou integradas nunha unidade de convivencia independente, residan no mesmo domicilio con outras coas que teñan algún dos vínculos de parentesco sinalados. Para iso deberán encontrarse nalgún destes supostos:

      a) Cando unha muller, vítima de violencia de xénero, abandonase o seu domicilio familiar habitual acompañada ou non dos seus fillos ou de menores en réxime de garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.

      b) Cando con motivo do inicio dos trámites de separación, nulidade ou divorcio, ou de instalarse a disolución da parella de feito formalmente constituída, unha persoa abandonase o seu domicilio familiar habitual acompañada ou non dos seus fillos ou menores en réxime de garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente. No suposto de parellas de feito non formalizadas que cesasen a convivencia, a persoa que solicite a prestación deberá acreditar, no seu caso, o inicio dos trámites para a atribución da garda e custodia dos menores.

      c) Cando se acredite abandono do domicilio por desafiuzamento, ou por quedar este inhabitable por mor dun accidente ou de forza maior, así como outros supostos que se establezan regulamentariamente.

      Nos supostos previstos nos apartados b) e c) unicamente caberá a consideración como unidade independente durante os tres anos seguintes á data en que se producisen os feitos indicados en cada unha delas.

      Cando convivan no mesmo domicilio persoas entre as que non concorran os vínculos de parentesco sinalados, poderán ser titulares do ingreso mínimo vital aquela ou aquelas que se encontren en risco de exclusión social, circunstancia que debe ser acreditada polos servizos sociais.

      As unidades de convivencia deberán ter estado constituídas durante polo menos  os seis meses anteriores á presentación da solicitude, de forma continuada.

      As persoas titulares, cando estean integrados nunha unidade de convivencia, deberán ter unha idade mínima de 23 anos, ou ser maior de idade ou menor emancipado no caso de ter fillos ou menores en réxime de garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente ou orfos absolutos cando sexan os únicos membros da unidade de convivencia e ningún deles acade a idade de 23 anos.

      Accións dispoñibles
    • 8. Que requisitos debo cumprir para ter dereito ao ingreso mínimo vital?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Os requisitos básicos son:

      • Ter residencia legal e efectiva en España de forma continuada durante ao ano inmediatamente anterior.
      • Encontrarse en situación de vulnerabilidade económica, o que se acredita tendo en consideración o seu patrimonio e o seu nivel de ingresos e rendas.
      • Que a unidade de convivencia estea formada dende hai seis meses.
      • Ademais destes requisitos xerais deberá reunir unha serie de condicións referidas ás súas circunstancias persoais e/ou ás da súa unidade de convivencia.
      Accións dispoñibles
    • 9. Vivo só e non hai persoas que dependan de min. Podo ter dereito á prestación?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Si, debe ter entre 23 e 23 anos e non estar casado (salvo que estea en trámite de separación ou divorcio) nin  unido a outra persoa como parella de feito.

      Non se esixe o requisito de idade nin ter iniciado os trámites de separación ou divorcio ás mulleres maiores de idade ou menores emancipadas vítimas de violencia de xénero ou de trata de seres humanos e explotación sexual.

      Tamén poden percibilo as persoas de entre 18 e 22 anos que proveñan de centros residenciais de protección de menores das Comunidades Autónomas despois de estar baixo a tutela de Entidades Públicas de protección de menores dentro dos tres anos anteriores á maioría de idade, ou sexan orfos absolutos, sempre que vivan sós sen integrarse nunha unidade de convivencia.

      Se o solicitante, se é menor de 30 anos deberá acreditar ter vivido de forma independente en España durante polo menos os dous anos anteriores á solicitude, agás que se trate de persoas maiores de idade que proveñan de centros residenciais de protección de menores das Comunidades Autónomas. Enténdese que unha persoa viviu de forma independente se acredita que o seu domicilio foi distinto ao dos seus proxenitores, titores ou acolledores durante os dous anos inmediatamente anteriores á solicitude e que no devandito período permaneceu durante polo menos doce meses, continuados ou non,  de alta na Seguridade Social, Clases Pasivas do Estado ou unha mutualidade alternativa ao Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos.

      Se é maior de 30 anos deberán acreditar que, durante o ano anterior á solicitude, o seu domicilio en España foi distinto ao dos seus proxenitores, titores ou acolledores.

      Os requisitos de vida independente, para menores de 30 anos, e de domicilio distinto do dos proxenitores, no caso de maiores de 30 anos, non se esixe cando o cesamento da convivencia cos proxenitores, titores ou acolledores se debese ao falecemento destes. Tampouco se esixirán ás persoas que, por ser vítimas de violencia de xénero, abandonasen o seu domicilio habitual, ás persoas sen fogar, ás que iniciasen os trámites de separación ou divorcio ou ás persoas vítimas da trata de seres humanos e de explotación sexual.

      Non teñen dereito á prestación as persoas usuarias dunha prestación de servizo residencial, de carácter social, sanitario ou sociosanitario, con carácter permanente, agás no suposto de mulleres vítimas de violencia de xénero ou vítimas de trata de seres humanos e explotación sexual.


      Accións dispoñibles
    • 10. Que membro da unidade de convivencia debe solicitar a prestación?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Calquera membro da unidade de convivencia con plena capacidade de obrar pode solicitar a prestación, se ben a solicitude debe presentarse coa sinatura de todos os seus integrantes.

      Debe tratarse dunha persoa de polo menos 23 anos de idade. No suposto de que teña fillos ou menores en réxime de garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente, poderá solicitar a prestación sempre que sexa maior de idade ou menor emancipado.

      A persoa que solicita a prestación en nome dunha unidade de convivencia asumirá a representación da citada unidade.


      Accións dispoñibles
    • 11. Todos os membros da unidade de convivencia deben ter residencia legal en España?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Si, tanto se se trata dun beneficiario individual coma dos membros dunha unidade de convivencia, todos deben acreditar residencia legal e efectiva en España de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano anterior a presentar a solicitude, con excepción de:

      • Os menores incorporados á unidade de convivencia por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.
      • As mulleres vítima de violencia de xénero.
      Accións dispoñibles
    • 13. Como se paga a prestación?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      O pagamento da prestación será mensual e efectúase por transferencia bancaria a unha conta do titular da prestación.

      O ingreso mínimo vital é intransferible. Non poderá ofrecerse en garantía de obrigas, nin ser obxecto de cesión total ou parcial, compensación ou desconto, retención ou embargo, salvo as compensacións que se poidan realizar nos pagamentos polo INSS en caso de percibir contías superiores ás que correspondesen de acordo aos criterios e requisitos de fixación dos importes a percibir.

      Accións dispoñibles
    • 16. Se son beneficiario do ingreso mínimo vital, teño que pagar a achega para os medicamentos?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Non, as persoas beneficiarias do ingreso mínimo vital encóntranse exentas da achega dos usuarios á prestación farmacéutica ambulatoria.


      Accións dispoñibles
    • 17. Se son beneficiario do ingreso mínimo vital, teño que pagar a achega para os medicamentos?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Non, as persoas beneficiarias do ingreso mínimo vital encóntranse exentas da achega dos usuarios á prestación farmacéutica ambulatoria.


      Accións dispoñibles
    • 18. Que ingresos e rendas se teñen en conta para recoñecer a prestación?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      A situación de vulnerabilidade económica determínase tendo en conta a media mensual de ingresos e rendas anuais computables do exercicio anterior.

      Cando non se reúna o requisito de vulnerabilidade económica no exercicio anterior poderase solicitar, dende o 1 de abril ata o 31 de decembro do ano en curso, o recoñecemento do dereito á prestación de ingreso mínimo vital naqueles supostos nos que a situación de vulnerabilidade económica sobreviñese durante o ano en curso.

      Para acreditar a situación de vulnerabilidade económica producida durante o ano en curso, atenderase exclusivamente ao cumprimento do requisito de ingresos, considerando para iso a parte proporcional dos ingresos que tivese o beneficiario individual ou, no seu caso, a unidade de convivencia durante o tempo transcorrido no ano en curso.

      En todo caso, para o cómputo das rendas do ano en curso non se terán en conta as prestacións ou subsidios por desemprego, en calquera das súas modalidades, incluída a renda activa de inserción, nin a prestación por cesamento de actividade, percibidas durante o devandito ano sempre que no momento da solicitude da prestación de ingreso mínimo vital o dereito a aquelas prestacións ou subsidios se extinguise por esgotamento, renuncia, ou por superar o límite de ingresos se previse, no seu caso, para o mantemento do dereito e sen que se teña dereito a unha prestación ou subsidio.

      Así mesmo, requirirase que no exercicio inmediatamente anterior ao da solicitude o beneficiario individual ou, se é o caso, a unidade de convivencia non superase determinados límites de renda e patrimonio.

      En todo caso, no ano seguinte ao do recoñecemento da prestación de ingreso mínimo vital, procederase á regularización das contías aboadas tomando en consideración a información de que dispoñan as Administracións Tributarias, dando lugar, no seu caso, ao reintegro das prestacións indebidamente percibidas.


      Accións dispoñibles
    • 16. Podo percibir a asignación económica por fillo ou menor a cargo e o ingreso mínimo vital?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Ambas as dúas prestacións son incompatibles.

      A partir da entrada en vigor do real decreto-lei polo que se establece o ingreso mínimo vital non poderán presentarse novas solicitudes para a asignación económica por fillo ou menor a cargo do sistema da Seguridade Social que quedará a extinguir.


      Accións dispoñibles
    • 15. Que obrigas asumo por ser perceptor do ingreso mínimo vital?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      As obrigas que asumen os perceptores da prestación son:

      a) Proporcionar a documentación e información precisa en orde á acreditación dos requisitos e a conservación da prestación, así como para garantir a recepción de notificacións e comunicacións.

      b) Comunicar calquera cambio ou situación que puidese dar lugar á modificación, suspensión ou extinción da prestación, no prazo de trinta días naturais dende que estes se produzan.

      c) Comunicar calquera cambio de domicilio ou de situación no Padrón municipal que afecte persoalmente os devanditos titulares ou calquera outro membro que forme parte da unidade de convivencia, no prazo de trinta días naturais dende que se produzan.

      d) Reintegrar o importe das prestacións indebidamente percibidas.

      e) Comunicar ao INSS con carácter previo calquera saída ao estranxeiro tanto do titular coma dos membros da unidade de convivencia, por un período, continuado ou, non superior a noventa días naturais durante cada ano natural.

      f) Presentar anualmente declaración correspondente ao Imposto sobre a renda das persoas físicas.

      g) No caso de compatibilizar a prestación do ingreso mínimo vital coas rendas do traballo ou a actividade económica, cumprir as condicións establecidas para o acceso e mantemento da devandita compatibilidade.

      h) Participar nas estratexias de inclusión que promova o Ministerio de Inclusión, Seguridade social e Migracións.


      Accións dispoñibles
    • 21. O complemento de axuda para a infancia ten a natureza de ingreso mínimo vital (IMV)?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Sí. A todos los efectos, el complemento de ayuda para la infancia tiene la naturaleza de ingreso mínimo vital, ya que es un complemento del IMV y forma parte de este.

      Así, las prestaciones o ayudas incompatibles con el ingreso mínimo vital, también tendrán este carácter aunque únicamente se perciba el complemento de ayuda para la infancia.

      Además, una vez reconocida la prestación, todos los beneficiarios de la prestación de ingreso mínimo vital, incluidos aquellos que únicamente sean perceptores del complemento de ayuda para la infancia, están obligados a presentar anualmente la declaración correspondiente al Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas.

      Accións dispoñibles
    • 20. Teño que solicitar o complemento de axuda á infancia?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      PODEN SOLICITALO no INSS en imv.seg-social.es, as unidades de convivencia que inclúan menores de idade entre os seus membros, cumpran todos os requisitos necesarios para a concesión do ingreso mínimo vital e os establecidos respecto dos límites máximos sobre ingresos computables, patrimonio neto e test de activos.

      Se vostede ten dereito ao ingreso mínimo vital recoñeceráselle o complemento xunto coa prestación, sen que sexa necesario que presente unha solicitude independente. Se só ten dereito ao complemento, presente tamén a solicitude de ingreso mínimo vital.


      Accións dispoñibles
    • 19. Que é o complemento de axuda á infancia?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      O complemento mensual de axuda para a infancia abóase aos perceptores de ingreso mínimo vital por cada menor de idade membro da unidade de convivencia, en función da idade cumprida o día 1 de xaneiro do correspondente exercicio, conforme aos seguintes tramos:

      • Menores de tres anos: 115 euros.
      • Maiores de tres anos e menores de seis anos: 80,50 euros.
      • Maiores de seis anos e menores de 18 anos: 57,50 euros.

      Tamén poden percibir este complemento as unidades de convivencia cuxos ingresos no exercicio inmediatamente anterior ao da solicitude sexan inferiores ao 300% da contía garantida polo ingreso mínimo vital e cuxo patrimonio neto sexa inferior ao 150% dos límites establecidos con carácter xeral, sempre que ademais se cumpra o límite de activos non societarios establecido para a unidade de convivencia.

      Para a tramitación do complemento, solicite o ingreso mínimo vital por calquera das canles establecidas, tanto se ten dereito a percibilo conxuntamente co IMV coma se o vai percibir de forma independente.


      Accións dispoñibles
    • 11. Que sucede se estou empadroado nun establecemento colectivo ou nun domicilio ficticio por carecer de teito?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Neses supostos a unidade de convivencia estará constituída polas persoas unidas entre si por vínculo matrimonial, como parella de feito, e, se é o caso, cos seus descendentes menores de idade ata o primeiro grao de consanguinidade, afinidade, adopción ou en virtude de réxime de acollemento familiar permanente ou garda con fins de adopción. Os descendentes citados poderán ser ata o segundo grao se non estivesen empadroados cos seus ascendentes do primeiro grao.

      Nestes casos, cando sexa necesario, a acreditación da residencia efectiva en España requirirá un certificado expedido polos servizos sociais competentes.

      Accións dispoñibles
    • 12. Todos os membros da unidade de convivencia deben ter residencia legal en España?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      Si, tanto se se trata dun beneficiario individual coma dos membros dunha unidade de convivencia, todos deben acreditar residencia legal e efectiva en España de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano anterior a presentar a solicitude, con excepción de:

      • Os menores incorporados á unidade de convivencia por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.
      • As persoas vítimas de trata de seres humanos e de explotación sexual.
      • As mulleres vítima de violencia de xénero.
      Accións dispoñibles
    • 13. Perdo a miña condición de residente en España se viaxo ao estranxeiro?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      A residencia habitual en España mantense aínda que haxa estancias no estranxeiro que non superen os 90 días cada ano natural ou sexan debidas a causas xustificadas de enfermidade.

      As saídas ao estranxeiro, tanto do titular coma dos membros da unidade de convivencia, por un período, continuado ou non, superior a noventa días naturais durante cada ano natural deben ser comunicadas previamente ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) indicando a duración destas.

      O incumprimento da obriga de comunicar ao INSS as ausencias ou desprazamentos  superiores a tres meses darán lugar á suspensión do pagamento da prestación, sen prexuízo de que leve consigo as sancións oportunas e a obriga de reintegrar as prestacións percibidas.

      Accións dispoñibles
    • 14. Como se paga a prestación?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Ingreso Mínimo Vital

      O pagamento da prestación será mensual e efectúase por transferencia bancaria a unha conta do titular da prestación.

      O ingreso mínimo vital é intransferible. Non poderá ofrecerse en garantía de obrigas, nin ser obxecto de cesión total ou parcial, compensación ou desconto, retención ou embargo, salvo as compensacións que se poidan realizar nos pagamentos polo INSS en caso de percibir contías superiores ás que correspondesen de acordo aos criterios e requisitos de fixación dos importes a percibir.

      Accións dispoñibles
Complementary Content
${loading}